Dsjklh

FUNCIÓNS DA LITERATURA A pregunta que nos plantea este traballo é a mesma que leva por título: ¿cal é a función da literatura?, a partir da cal xorden outra serie de preguntas como: ¿cambia a función da literatura nas distintas épocas ou movementos?, ¿vai vinculada a función da literatura á natureza da mesma?, ¿é o autor quen marca a función?… A estas e outras cuestións daremos resposta ó longodeste pequeno estudio. En primeiro lugar, deberiamos ter claro que función e natureza (esencia) son dous conceptos totalmente diferentes, pero que van intimamente ligados, tanto na literatura coma noutra ciencia, obxecto, etc.; é dicir, calquera cousa está feita nun principio para cumprir unha determinada función, poñamos, por exemplo, unha radio antiga ou unha máquina de coser que pasaron a serutilizadas como elementos decorativos aínda que non foran creados para ese fin. Aclarada esta diferencia, poderiamos facer un percorrido mental polos distintos movementos ou épocas ata hoxe e darnos conta, así, de que a función da literatura nestes movementos corresponden a dous conceptos: imitatio e inventatio, imitación da Antigüedade Clásica, ou renovación e creación. Poderiamos falar aquí dofilósofo grego Aristóteles e o seu concepto de mímesis, que consideraba a literatura nace polo afán imitador do home, en contraste co pensamento romántico, que consideraba á obra literaria como creación, aínda que realmente non exista esta creación, dado que a literatura non se crea desde a nada porque sempre existe un parecido ou unha referencia coa realidade. ?1? FUNCIÓNS DA LITERATURA Seretrocedemos no tempo ata o ano 65 a. C. e nos situamos no lugar que foi a cuna da arte (Grecia), atoparémonos con infinidade de autores e artistas, sobre os que destaca Horacio Flacco por expór as súas ideas sobre as funcións da literatura, para el era un enfrontamento entre ensinar e deleitar, entre o útil e o dulce, unha dualidade docere?delectare. Por útil entendemos aquilo que serve para algo, e odulce equivale ó que se recompensa por sí mesmo. Sabemos que en Grecia a literatura estaba moi vinculada ó labor educativo, polo que quizais destacaría a función de ensinar sobre a de deleitar, aínda que esta segunda función estaría tamén moi presente. Como excepción a toda regra aparece Platón, que defende a finalidade didáctico?moral da literatura e descarta ou rexeita os efectos pracenteiros daarte por consideralos secundarios e sen utilidade. Pero para que realmente unha obra literaria funcione ben debería constar de ámbalas dúas funcións e, ademais, que as dúas se fundan perfectamente, é dicir, en calquera das épocas da historia unha obra literaria debe ter as dúas funcións para que conste como tal. Tamén ó longo da historia quedou aclarado que a literatura ten unha utilidade na vidado home, e esta utilidade sería un coñecemento, pero non entendido como o coñecemento que dá a ciencia ou a historia, senón como un coñecemento superior onde se funden diferentes ideas: tanto de historia como de filosofía, de subxectivismo (imaxinación), como de calquera outra ciencia, e que consta, ademais, doutra utilidade que non posúe ningunha outra: deleitar ou embelecer o que se nos di. 1 ?2? FUNCIÓNS DA LITERATURA Pero o escritor non debe pensar que o seu papel é o de ensinar ou comunicar un coñecemento, senón o de facernos percibir algo: un sentimento, unha emoción, unha idea … Así, a obra literaria constaría dunha terceira función: unha función propagandística ou persuasiva que non nola dá a obra en sí, senón o autor. Isto quere dicir que o autor fainos ver ou sentir algoque nos é alleo, e faino escondendo esa idea baixo a beleza do texto. Ás xa citadas funcións de ensinar, deleitar e transmitir, engadiremos a de liberar: liberar ó escritor dunhas emocións oprimidas que plasma no papel, e liberar ó lector dos seus problemas cotiáns sumerxíndose nesa lectura. Agora pasaremos a falar das funcións da literatura en cada época ou movemento en concreto: • Época clásica:…